Galiza, día das túas letras

Hoxe escríboche a ti porque o mereces.

Hoxe é o día das túas letras, das miñas e de todos os galegos que estamos orgullosos de ti.

Galiza, grazas por non poñerte celosa cando me vou e por recibirme cos brazos abertos sempre que volvo xunto a ti.

Grazas por deixarme ser galego-falante, ter acento e presumir deso.

Grazas por deixar que poida darlle envexa a todos dicindo que son galega.

Grazas, por facer que todos nos unamos para frear o mal que che fan cando che atacan, porque se ti ardes, nós ardemos. Se a ti che fan dano, a nós tamén.

¿Sabes? Souben o que era a morriña cando te tiven que deixar, souben o que era botarte de menos cando miraba a todos os lados buscando algo de verde que me recordara a ti. Sigo sen encontralo.

Porque, ¿sabes que che digo? Que a auga das túas praias está moi fría pero xa quixeran eles bañarse disfrutando da paisaxe que nos das.

E se chove que chova. Porque a choiva en Galiza é arte, porque ti es arte.

Outro 17 de maio que non estou contigo, pero sigo loitando polo noso idioma dende o outro lado do país.

Feliz día a tódolos galegos.

Anuncios

2 comentarios sobre “Galiza, día das túas letras

Agrega el tuyo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Sitio web ofrecido por WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: